Os Dous de Sempre 1
Volver

Mofa & Befa: Os dous de sempre

Sinopse

Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre. Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor. Os pallasos son criaturas feitas de mesturar un tolo e un neno. Para facer un bufón fai falta, ademáis, un animal, o animal que todos levamos dentro. Nenos, Tolos e Animais componen o rico universo humorístico de Castelao, o seu retábulo da risa absoluta, da comedia humana do pobo galego. Mofa e Befa vai meter todo este universo humorístico nas figuras de Pedriño e Rañolas. Os Dous de Sempre son como irmáns siameses, un corpo que se escinde polo bisturi do doutor Castelao, e que andan os dous polo mundo, incompletos, tentando reencontrarse e conformar de novo un corpo único, harmónico, no que unha parte rouba mazás, e outra, cómeas.

Web:

https://www.excentricas.net/

Candidaturas

  • Espectáculo : Mofa & Befa: Os dous de sempre
  • Actor Protagonista : Evaristo Calvo
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Actor Secundario : Josito Porto
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Baltasar Paatiño
  • Adaptación/Tradución : Carme Varela e Quico Cadaval
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Dirección de movemento : Marcos Orsi
  • Espazo sonoro : Bernardo Martínez
  • Espazo escénico : Baltasar Patiño

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas

Data estrea:

17/10/2025

Contacto

Descargar programa