Berenguela na gaiola- Imaxe Sol Álvarez
Volver

Berenguela na gaiola

Sinopse

“Todo o mundo podía reclamar para si a condición de neno” (Manuel María) Nunha residencia da Terceira Idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Berenguela propón unha revolta, que se volvan salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixarían facer na realidade. Cre lembrar que foi actriz e que hai unha peza co nome de Berenguela. Berenguela coñece a peza, por iso leva o seu nome. As dúas enredan a Tomás e Tomás déixase enredar. No teatro atopan a liberdade que cren perdida, a posibilidade de cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo. Así comeza a representación da peza: “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar. Irán entrando e saíndo das escenas, debatendo, interrompendo o desenvolvemento da peza, xogando coma nese pasado que crían esquecido porque aconteceu moitos, moitos anos atrás, na ilusión da nenez. Espectáculo co-producido pola Fundación Manuel María, o CDG e o FIOT

Web:

https://www.galeatro.es/

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Berenguela na gaiola
  • Actor Secundario : Tone Martínez
  • Actriz Secundaria : Alba Bermúdez
  • Actriz Protagonista : Atenea García
  • Maquillaxe : Lorena Calvo
  • Vestiario : As dúas e punto
  • Iluminación : Nacho Martín
  • Adaptación/Tradución : Paula Carballeira
  • Dirección : Paula Carballeira
  • Espazo sonoro : Xavi Bértolo
  • Espazo escénico : Nicolás Zamorano

Compañía

Galeatro e Xarope Tulú

Data estrea:

27-09-2025

Contacto