Volver
TROMSØ
Sinopse
Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, non conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.
Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.
Web:
https://morraoconto.com/Candidaturas
- Espectáculo : TROMSØ
- Actriz Secundaria : Lucía Iglesias
- Actriz Secundaria : Julia Ammerman
- Actor Protagonista : Miguel Gendre
- Actriz Protagonista : Lidia Veiga
- Actriz Protagonista : Lara Pouso
- Maquillaxe : Lara Pouso e Miguel Gendre
- Vestiario : Rafa R. Martínez e Ana Gesto
- Iluminación : José Faro "Coti"
- Texto Orixinal : Rafa R. Martínez
- Dirección : Rafa R. Martínez
- Dirección de movemento : Esther Latorre
- Espazo sonoro : Julia Ammerman e Lucía Iglesias
- Espazo escénico : Rafa R. Martínez, Miguel Gendre, Lara Pouso e José Faro "Coti"
Compañía
Morraoconto
Data estrea:
21/03/2025