Rato Pérez sombras
Volver

Rato Pérez

Sinopse

Rato Pérez é unha emocionante historia que nos leva ao corazón da aventura deste famoso recolledentes, un pequeno heroe que vive nun mundo cheo de maxia, perigos e fascinación. O protagonista, o Rato Pérez, habita nun recuncho secreto, un espazo agochado que serve de centro de operacións para a súa importante misión: viaxar cada noite para recoller os dentes de leite das nenas e nenos que os deixan baixo a almofada. Ao longo da súa rutina diaria, Pérez enfróntase a múltiples desafíos: criaturas que queren impedir a súa labor, búsqueda de moedas e xoguetes, cambios inesperados no mundo humano… Mais un dos problemas máis grandes chega cando o seu almacén de dentes comeza a ficar sen espazo. Para o noso protagonista, deixar de cumprir a súa misión non é unha opción; sabe que, se quere seguir garantindo que as crianzas reciban o seu agasallo a cambio dun dente, debe atopar unha solución creativa e valente. A historia combina comedia, acción e elementos máxicos nunha trama dinámica que mantén ao público engaiolado de principio a fin. A medida que Pérez percorre casas, rúas e recantos descoñecidos, tamén vai aprendendo importantes leccións sobre o traballo en equipo, a amizade, a responsabilidade e a perseveranza. Pero esta aventura non é só súa: descubrimos que existe todo un mundo de seres recolledentes, cada un con tarefas e habilidades especiais. Entre todos estes seres, forman unha comunidade dedicada a transmitir ás nenas e nenos valores sobre a saúde bucal, a importancia de coidar o propio corpo e a confianza na maxia das pequenas cousas.

Web:

https://axaneladomaxin.com/espectaculos/rato-perez/

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Rato Pérez
  • Actor Secundario : Xosé Vidal "Topo"
  • Actriz Protagonista : Celtia Figueiras

Compañía

A Xanela do Maxín

Data estrea:

16/11/2024

Contacto

Descargar programa