Volver
A burra, a mesa e o pau
Sinopse
QUERES QUE CHO CONTE OUTRA VEZ?
Cando o lobo comía verzas e as vacas miañaban había casas nas que soñaban as crianzas con mesas que, só con mandarllo, se cubrían de manxares; ou burras que levantaban o rabo e cagaban ouro a moreas se sabías o que había que dicirlles nas orellotas.
As obreiras, nais das futuras obreiras, aínda hoxe tenden o pan con chocolate e énchense de dicirlles hai que traballar para vivir e tamén isto era un rei que tiña tres princesas, pechounas en tres artesas e botounas ao mar. Vólvocho contar?
Pero que sucede cando o traballo de fóra non dá abondo e invade tamén a mesa da cociña e a vida doméstica coma un gramón de raíz ávida?
Que pasa cando a mesiña dos manxares rompe, a burra escapa axitando as orellotas e o pau só obedece á voz da autoridade para bater no lombo das de sempre?
Pois vaite que este é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns...
Web:
https://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra_h.php?id=cdg_obra9084&lg=galCandidaturas
- Espectáculo : A burra, a mesa e o pau
- Maquillaxe : Carmen Casal
- Vestiario : Carmen Casal, José Faro, Montse Piñeiro e María Torres Piñeiro
- Iluminación : Carmen Casal, José Faro, Montse Piñeiro e María Torres Piñeiro
- Texto Orixinal : Lorena Conde
- Dirección : Lorena Conde
- Dirección de movemento : Amparo Martínez
- Espazo sonoro : Inés Salvado Gontad e Cibrán Seixo
- Espazo escénico : Carmen Casal, José Faro, Montse Piñeiro e María Torres Piñeiro
- Actor Protagonista : Xúlio Abonjo
- Actor Protagonista : Xosé Manuel Esperante
- Actor Protagonista : Andrés Giráldez
- Actor Protagonista : Roberto Leal
- Actor Protagonista : Mario López
- Actor Protagonista : Pablo Loureiro
- Actor Protagonista : Paulo Serantes
- Actriz Protagonista : Maika Aguado
- Actriz Protagonista : Beatriz Barcia
- Actriz Protagonista : Alixa Ladson
- Actriz Protagonista : Carla Mojón
- Actriz Protagonista : Grial Montes
- Actriz Protagonista : Paloma Otero
- Actriz Protagonista : Nelu Vermouth
- Actriz Protagonista : Arantza Villar
Compañía
Centro Dramático Galego
Data estrea:
06/03/2025