As marionetas protagonistas
Volver

Esperta o rinoceronte

Sinopse

Bambú leva unha vida apracible, goza da súa contorna, coñécea e por iso a ama. Isto, ensinoullo a súa avoa, ela coñece ben o mundo, o seu mundo, convive con el, forma parte del e por iso cóidao. Ensina a Bambú que as cousas que realmente importan non sempre son as que brillan, que só vemos ben co corazón e que non importa o grande que sexa o obstáculo, sempre hai unha solución. A esa voz do corazón, a avoa a chama o Rinoceronte e di que nela atópase o poder para cambiar o mundo e por iso hai que mantelo esperto. Esta historia conta o que sucede cando aqueles cuxo rinoceronte está durmido aparecen de súpeto e cégannos cos seus brillos, facéndonos cómplices da destrucción. Haberá alguén que lles faga fronte e esperte o rinoceronte? “A pesar de todo pensa que é posible que a xente sexa mellor. Só a utopía ten argumentos poderosos contra o despropósito” (Juan Margallo)

Web:

https://www.naocaracola.com

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Esperta o rinoceronte
  • Actriz Protagonista : Marián González
  • Vestiario : Fiti Garcia Río, Fititsu
  • Iluminación : Gaspar Baluja
  • Texto Orixinal : Marián González/Manuel Román
  • Dirección : Manuel Román
  • Dirección de movemento : Manuel Román
  • Espazo sonoro : Jesús Lana Celaya
  • Espazo escénico : Marián González

Compañía

Nao Caracola

Data estrea:

12/06/2025

Contacto

Descargar programa