
Volver
Eu, Fraude!
Sinopse
“Eu, Fraude!” é un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser.
Abro o corazón e as entrañas e deixo que asomes a cabeza pola xanela da miña alma. Recito, bailo, conto e canto as miñas dores, as miñas alegrías, as miñas luces e as miñas
máis témeras sombras.
Hoxe estamos aquí para facerlle un canto á vida!
"Eu, Fraude" nos impulsa, en forma de viaxe emocional, a liberarnos das caretas autoimpostas pola sociedade que nos separan de nós mesmas e das demais.
É, sen dúbida, unha historia de amor propio en forma de festa!
Web:
https://www.instagram.com/paulapier3Candidaturas
- Espectáculo : Eu, Fraude!
- Actriz Protagonista : Paula Pier
- Vestiario : Paloma Saavedra
- Iluminación : Laura Iturralde e As Dúas e Punto
- Texto Orixinal : Paula Pier
- Dirección : Paula Pier
- Espazo sonoro : Sandra Pérez, Chus López, María Velasco e Paula Pier
- Espazo escénico : Paula Pier e Core diseño
Compañía
Paula Pier
Data estrea:
12/01/2024