Elenco de Territorios de liberdade
Volver

Territórios de liberdade

Sinopse

O texto de Zê Paredes nos conduce por algúns episodios da historia portuguesa no que a liberdade se forxou, e outros nos que case desaparece como a bruma no saír do sol. Nestes episodios que narran a longa viaxe de Portugal para a liberdade, observamos como os feitos do 25 de Abril non chegaron por xeración espontánea. Loitas, acasos, sacrificios e azares fixeron andar para atrás e para adiante as modas da liberdade. Como algunhas cousas vénse mellor se se ollaren desde fóra, nesta peza aparecen uns irmaos galegos, albaneis de ofício, que entran en Portugal os días a seguir ao 25 de Abril, á procura de emprego. Perante os seus ollos labregos bailan, como nunha lanterna máxica, os anarquistas e as carbonárias, Sidónio Pais e o ditador español Miguel Primo de Rivera, Arajahir e a pastora extremeña, Humberto Delgado e un compadre alentejano, operacionais da PIDE e cabareteiras de Barcelona…e tantas figuras que loitaron a favor e en contra da Historia. Os irmaos galegos queren facer un monumento coas súas artes de canteiro, mais, na marcha da viaxe, descobren que tal vez non sexa a pedra a materia da que está feita a liberdade…Que terán que esculpir algunha materia máis sutil, aquela que mora no peito dos homes e as mulleres. Viva a Liberdade!

Web:

http://www.tanxarina.es/

Candidaturas

  • Espectáculo : Territórios de liberdade
  • Vestiario : Ana Catarina Silva
  • Iluminación : Wilma Moutinho
  • Texto Orixinal : Zé Paredes
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Espazo sonoro : Ana Senlle, Nuria Freiría, Sabela Jacal e Rafa Otero
  • Espazo escénico : Tanxarina e Companhia Certa
  • Actor Protagonista : Miguel Borines
  • Actor Protagonista : Eduardo Faria
  • Actor Protagonista : Andrés Giráldez
  • Actriz Protagonista : Joana Luna
  • Actriz Protagonista : Joana Soares

Compañía

Tanxarina e Companhia Certa

Data estrea:

14/09/2024

Contacto

Descargar programa