
Volver
Cancións amarelas, flores tristes
Sinopse
Catro persoas de idades, xéneros, crenzas e realidades socioeconómicas diferentes,
coinciden nun karaoke. Ao longo da madrugada, as cancións e o alcohol mestúranse
cos medos e cos problemas que as levan a refuxiarse neste lugar, onde constrúen os
seus propios paraísos artificiais. Nesta noite hai música, pero tamén silencio; miradas
cómplices e mal intencionadas; luces de cores que iluminan o escenario e sombras
trala porta do baño; copas escachadas contra o chan e brindes até o amencer; corpos
suorentos, tristes e cansos que procuran outros corpos igual de suorentos, tristes e
cansos; tarxetas de crédito co saldo esgotado; maquillaxe e perfumes baratos; bágoas
que mollan as flores de plástico coas que se decoran as mesas; frustracións, temores...
Pero, sobre todo, anhelos.
Web:
https://www.instagram.com/manekinekoteatro/Candidaturas
- Espectáculo : Cancións amarelas, flores tristes
- Actor Secundario : Fran Nogueira
- Actriz Secundaria : María de las Llanderas
- Actor Protagonista : Nacho Castaño
- Actriz Protagonista : María Costas
- Iluminación : Beatriz de Vega
- Texto Orixinal : Ernesto Is
- Dirección : Nerea Brey
- Espazo escénico : Beatriz de Vega