
Volver
O Rexurdimento do Divino Sainete
Sinopse
Unha xograresa, LaGriot’te, desencantada co teatro.
Dous xornalistas á procura dunha exclusiva dun modo sensacionalista.
E o xuízo á vida de Manuel Curros Enríquez.
LaGriot’te, decidida a queimar o teatro para desfacerse das historias, vese sorprendida pola aparición de Curros cunha soa petición: acompañalo.
A nosa xograresa verase envolta nunha viaxe no tren dos Sete Pecados dirección Jacobusland, corte penal última da moralidade do Estado. En cada un dos vagóns un pecado capital é representado a través de persoas e situacións da vida de Curros.
Detrás deles, os Xornalistas, os perseguen retorcendo a realidade para conseguir unha boa historia no nome da verdade.
Un espectáculo visual, como os que caracterizan á compañía LaGriot’te, no que se traslada o universo creado por Curros para falar de intolerancia, extremismo, censura e autocensura, as guerras incivís que nos rodean, a corrupción, moral ou económica... e todo a través da ironía, a sátira e o humor.
Quizáis, o que dibuxou Curros na súa obra fai máis dun século, non dista tanto dos nosos días. Ou si?
Web:
https://www.lagriotte.es/o-rexurdimento-do-divino-sainete/Candidaturas
- Espectáculo : O Rexurdimento do Divino Sainete
- Actor Secundario : Marcos Grandal
- Actriz Secundaria : Celina Fernández Ponte
- Actriz Protagonista : Sandra Gade
- Vestiario : As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
- Iluminación : As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
- Adaptación/Tradución : Nazan L. Bamio
- Dirección : Nazan L. Bamio
- Espazo sonoro : Marcos Grandal
- Espazo escénico : As Dúas e Punto (Carmen Casal e María Torres)
Compañía
LaGriot'te
Data estrea:
15/09/2024