MOBY  DICK (FORA)
Volver

Moby Dick

Sinopse

Ismael, un mozo que embarca nun barco beleeiro para enfrontarse a perigosas aventuras, atoparase con Moby Dick, un enorme cachalote de tres metros. Moby Dick é unha adaptación libre e esteticamente espectacular da obra clásica de Herman Melville. Montado sobre un triciclo autónomo, un enorme monicreque creado por Iker Pérez da vida ao protagonista do espectáculo un animal mariño que consegue crear un xogo dinámico e interactivo co público. Xuntos, Ismael e Moby Dick deberán escapar do obstinado capitán Ahab, e desta maneira irán desgranando algunhas das partes máis coñecidadas da novela. Pedras de Cartón presenta o seu novo espectáculo de rúa, sen apenas palabras, onde a comedia e unha posta en escena impresionante capturan a esencia dunha historia que atrapa a toda a familia. A compañía é recoñecida pola adaptación de clásicos da literatura ás novas linguaxes e estéticas, para achegar o teatro clásico aos máis novos,

Web:

https://urdime.gal/familiar/Pedras%20de%20cart%C3%B3n/

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Moby Dick
  • Vestiario : Diego Valeiras
  • Adaptación/Tradución : Juan Rodríguez
  • Espazo escénico : Iker Pérez
  • Actor Protagonista : Juan Rodríguez

Compañía

Pedras de Cartón

Data estrea:

10 MAIO 2024

Contacto