Nuria Sotelo Sobre o Extravío
Volver

Sobre o extravío ou a arte de perderse

Sinopse

Un só de teatro físico sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados. Lugares onde o movemento, o texto, o espazo sonoro, o corpo e os obxectos combínanse mergullándonos nun tempo suspendido e evocador no que algo pode aparecer: unha sorpresa, unha pregunta, unha resposta quizais... Sobre o extravío ou a arte de perderse bríndanos a oportunidade de abandoar a ollada periférica e dispersa á que estamos tan afeitos hoxe en día, para centrarnos en descubrir a sorpresa contínua agochada no noso interior, nos obxectos e as accións cotiás. “Unha proposta íntima, plástica, para ver sen présas e deterse nos detalles de cada movemento e acción, en cada coreografía da luz” Ana Abad de Larriva: MITCFC “Esta proposta convida a perderse na contemplación do espazo e do que vai máis alá do espazo: aquel lugar que, nas sombras, favorece o extravío dos camiños coñecidos.” Iván Fernández: Revista Galega de Teatro “Nuria Sotelo e Ana Vallés crearon un espazo de beleza e reflexión delicado e moi equilibrado, nunha poética (xeito e estilo de facer escénicos) que vén de lonxe. Toda a peza é un goce contemplativo que estimula o noso pensamento. “ Afonso Becerra

Web:

https://furiasotelo.com/

Candidaturas

  • Espectáculo : Sobre o extravío ou a arte de perderse
  • Actriz Protagonista : Nuria Sotelo
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Texto Orixinal : Ana Vallés e Nuria Sotelo
  • Dirección : Ana Vallés
  • Dirección de movemento : Ana Vallés e Nuria Sotelo
  • Espazo sonoro : Ana Vallés e Mounqup
  • Espazo escénico : Ana Vallés e Nuria Sotelo

Compañía

Furia Sotelo

Data estrea:

28/06/2024

Contacto

Descargar programa