
Volver
O mundo está roto pero pódese camiñar
Sinopse
Unha nena que perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo.
Un pai que non sabe como romper o muro de incomunicación no que se ence-rrou a súa filla e argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle enco-menda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.
Unha bibliotecaria amena e espilida que axuda á nena a descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa cativa unha rela-ción lúdica, construtiva e inspiradora.
Moitos anos despois, a nena, agora escritora, voltará á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora.
O mundo está roto pero pódese camiñar é a memoria do relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos, ferida por unha perda traumática.
Web:
https://www.contraproducions.com/Candidaturas
- Espectáculo Infantil : O mundo está roto pero pódese camiñar
- Actor Secundario : Salvador del Río
- Actriz Secundaria : Susana Sampedro
- Actriz Protagonista : Paula Pier
- Iluminación : Ximo Olcina
- Adaptación/Tradución : Cándido Pazó, Belén Pichel
- Dirección : Fernando Bernués
- Espazo escénico : Fernando Bernués
Compañía
Contraproducións
Data estrea:
8/11/2023