nada se sabe
Volver

Nada se Sabe

Sinopse

Nin isto sequera sei, que nada sei; conxectúroo, porén, de min e dos demais. Sexa esta proposición a miña bandeira; esta débese seguir: Nada se sabe. Con esas palabras dubitativas comeza a obra do século XVI Quod nihil scitur (Que nada se sabe) de Francisco Sánchez “O Escéptico". Un antecedente da dúbida metódica cartesiana, de cuestionar sistematicamente o mundo como medio de aproximarse á realidade sen prexuízos. Nunha sociedade como a nosa, de certezas impostas, dubidar é revolucionario. Partindo deste punto, dúas actrices e dous actores repasan diversas visións da discapacidade no teatro clásico, deténdose nunha adaptación moderna escrita por Manuel Lourenzo de Filoctetes, unha das traxedias gregas de Sófocles, na que se presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada, diferente, que a sociedade non sabe (ou non desexa) incluír. Desde o seu propio punto de vista, o elenco resignifica eses textos desde esa diversidade, advertindo ao público e á sociedade de que Nada se Sabe sobre o que as persoas con discapacidade son, pensan, senten, queren, e da posición que desexan ocupar na vida, na sociedade e na arte.

Web:

https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/nada-se-sabe

Candidaturas

  • Espectáculo : Nada se Sabe
  • Actor Protagonista : Rubén Bargiela Sierpes
  • Actor Protagonista : Elvis García Torres
  • Actriz Protagonista : Corina Alfonso Mañá
  • Actriz Protagonista : Alba Chao García
  • Vestiario : La Canalla
  • Iluminación : José Faro "Coti"
  • Texto Orixinal : Manuel Lourenzo
  • Dirección : Ignacio García e Fran Rei
  • Dirección de movemento : Ignacio García
  • Espazo escénico : CDG e José Faro "Coti"

Compañía

Culturactiva Producións

Data estrea:

26/07/2024

Contacto

Descargar programa