
Volver
Pálido Punto Azul
Sinopse
“Pálido Punto Azul” é unha ópera contemporánea composta por Javier Otero Neira con libreto de Iria Azevedo, que toma como punto de partida a famosa fotografía tomada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros. Unha petición de Carl Sagan e a derradeira imaxe da Terra antes de apagar definitivamente as cámaras. Unha representación do lugar que ocupa a humanidade no Universo a través de diferentes dimensións artísticas (música e libreto, visuais e performance). Unha obra colectiva que serve para amosar a insignificancia e fraxilidade do noso planeta como un pequeno punto azul na inmensidade do espazo. Unha viaxe que percorre o Ser, o Estar e o Parecer en busca de “instruccións” para saber diferencialos. “Todo o que buscamos convírtese nunha mera representación"
Web:
https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/palido-punto-azulCandidaturas
- Espectáculo : Pálido Punto Azul
- Actriz Secundaria : Nerea Brey
- Actriz Protagonista : Esperanza Mara
- Vestiario : Iria Azevedo
- Iluminación : Jose Faro "Coti"
- Texto Orixinal : Iria Azevedo
- Dirección : Iria Azevedo
- Dirección de movemento : Rut Balbís
- Espazo sonoro : Javier Otero Neira
- Espazo escénico : Iria Azevedo
Compañía
Javier Otero Neira
Data estrea:
12/11/2024
Contacto
- info@culturactiva.org
- 981582836
- www.culturactiva.org