MONSTROS 1
Volver

Monstros

Sinopse

Amanda, Valentín, Clo e o silencioso Max, teñen o plan perfecto para loitar contra unha tarde de aburrimento: irán ata a Casa das Pantasmas que hai case na saída da vila. É un sitio marcado por historias aterradoras, na que se di que paran absolutamente todos os seres terroríficos do lugar: dende o vampiro de Lalín ata unha misteriosa serie de pantasmas. Pero non é tan sinxelo chegar ata alí. Para comezar teñen que rescatar a Clo do seu castigo e despois pasar por varios perigos, como a ponte podre que cruza o río, a finca do malvado Catavís que garda o can Sultán... e o máis importante: entrar na casa, que semella pechada e ben pechada. Un momento! Parece que hai un furadiño na porta polo que poden botar unha ollada... que haberá dentro? MONSTROS é unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros? Non poderemos parecer monstros ante os ollos de outras persoas? MONSTROS é o artefacto divertido que nos conta que aprender a convivir cos nosos medos axúdanos a entendernos a nós e ás demais persoas, a aceptar as nosas propias monstrosidades.

Web:

https://www.excentricas.net/

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Monstros Premiado/a
  • Actor Secundario : Piti Sanz
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Actriz Protagonista : Rocío González
  • Actriz Protagonista : Patricia Vázquez
  • Iluminación : Octavio Mas
  • Texto Orixinal : Lucía Aldao e María Lado
  • Dirección : Marcos Orsi
  • Espazo sonoro : Piti Sanz
  • Espazo escénico : Marcos Orsi

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas

Data estrea:

24/02/2024

Contacto

Descargar programa