
Volver
Os contos do Lobicán
Sinopse
“Os contos do Lobicán” é un espectáculo de monicreques musical, en verso, áxil e atrevido, destinado a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, que busca darlle a volta aos contos clásicos ao tempo que transmite unha mensaxe educativa e valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto pola natureza, o pensamento crítico e a importancia da imaxinación.
O marabilloso texto de Eva Mejuto foi gañador do XV Premio Barriga Verde 2022. O espectáculo está inspirado no atractivo mundo de Wes Anderson onde as cores, a escenografía, o vestiario e a música axudan a trasmitir os valores anteriormente mencionados. A través da riqueza da narrativa e dos seus entrañables personaxes, a función convida a nenos e nenas a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.
Web:
https://www.redrumteatro.com/espectaculo/os-contos-do-lobican/Candidaturas
- Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Os contos do Lobicán Premiado/a
- Actor Protagonista : Guillermo Carbajo
- Actriz Protagonista : Victoria Pérez
- Maquillaxe : Redrum Teatro
- Vestiario : Redrum Teatro
- Iluminación : Carlos Álvarez-Ossorio
- Texto Orixinal : Eva Mejuto
- Dirección : Alex Sampayo
- Espazo sonoro : Davide González Lorenzo
- Espazo escénico : As Dúas e Punto
Compañía
Redrum Teatro
Data estrea:
19/10/2024