
Volver
Run baby run
Sinopse
Alba é unha atleta de éxito que adestra duro para conseguir a vitoria. É a favorita ao podio, pero a súa carreira vese truncada por un feito inesperado. Uns meses antes dos Xogos Olímpicos, a deportista é apartada da competición oficial. Nese momento o seu mundo derrúbase. Acompañada pola súa inseparable adestradora, verase nunha encrucillada na que loita por cumprir o seu soño sen renunciar ao seu verdadeiro ser. Run baby run aborda a discriminación de xénero dentro do deporte. É unha reflexión sobre canto se pode chegar a loitar sen traizoar os propios principios. Está inspirada en atletas que sufriron discriminación por ter unhas condicións biolóxicas diferentes para o estándar feminino. A acción sitúase no Entroido ourensán, onde “correr o Entroido” tradicionalmente estaba marcado por unha cuestión de xénero.
Web:
https://meninasteatro.com/portfolio/run_baby_run/Candidaturas
- Espectáculo : Run baby run
- Actor Secundario : Daniel Méndez
- Actriz Secundaria : Celina Fernández Ponte
- Actriz Protagonista : Alba Loureiro
- Actriz Protagonista : Camila Bossa
- Vestiario : Pier Paolo Álvaro
- Iluminación : Juan Gómez- Cornejo
- Texto Orixinal : Fátima Delgado
- Dirección : Jana Pacheco
- Dirección de movemento : Greta García
- Espazo sonoro : Fernando Epelde
- Espazo escénico : Alessio Meloni
Compañía
Meninas teatro
Data estrea:
06/10/2023