
Volver
Noso
Sinopse
O conflito das eólicas serve como pano de fondo a unha dramedia familiar, ambientada nun ultramarinos-bar do rural galego, que aborda a complexidade das actuais tensións interxeracionais e ambientais.
Nicolás reúne á súa familia para despedirse do espazo no que creceron xuntos: a casa da infancia cun vello ultramarinos-bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive Nicolás con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por mor da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén, logo de moitos anos sen contacto familiar.
As lembranzas doutros tempos, unha visita non esperada, as relacións entre irmáns, a necesidade de mirar ao futuro e a importancia de dar valor ao noso pasado fan de NOSO unha dramedia que visibiliza o conflito xeracional e a sensación de pertenza ao lugar de onde vimos.
Web:
https://www.osnaufragosteatro.com/Candidaturas
- Espectáculo : Noso
- Actor Secundario : Sete Eiroa
- Actriz Secundaria : María Roja
- Actor Protagonista : Daniel Otero
- Actriz Protagonista : Rebeca Vecino
- Vestiario : Marisa de LaIglesia
- Iluminación : Daniel Pais
- Texto Orixinal : Gustavo del Río
- Dirección : Gustavo del Río
- Dirección de movemento : Esther Aja
- Espazo sonoro : Os Náufragos Teatro
- Espazo escénico : Marisa de LaIglesia
- Actor Protagonista : Jimmy Núñez
Compañía
Os Náufragos teatro
Data estrea:
16 de febreiro de 2024