FARO
Volver

Bulebule

Sinopse

A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patroa non é doado... e construir un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sinte verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade). Surcando os mares das súas aspiracións, a obra amosa a súa ilusión e tesón por alcanzar os seus soños, pese ás dificultades que, como grandes ondas, lle impón unha sociedade que non sempre entende a súa incansable enerxía. Un espectáculo sobre a presenza da muller no mar e a diversidade TDAH (Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade). Bulebule é unha obra que explora, de xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esfuerzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.

Web:

https://osnaufragosteatro.com/

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Bulebule
  • Actor Protagonista : Jimmy Núñez
  • Actriz Protagonista : Irene Lorenzo
  • Maquillaxe : Os Náufragos Teatro
  • Vestiario : Rebeca Vecino
  • Iluminación : Dani Pais
  • Texto Orixinal : Gustavo del Río
  • Dirección : Gustavo del Río
  • Dirección de movemento : Raquel Santalla / Xadrao
  • Espazo sonoro : Daniel Valentín
  • Espazo escénico : Claudia L. Franco

Compañía

Os Naúfragos Teatro

Data estrea:

27/09/2024

Contacto

Descargar programa