
Volver
Go Home
Sinopse
GO HOME conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que
xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle
podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a
cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia
levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura
na que Carlos gozará de emocións intensas, tales como a
dúbida, o medo e a sorpresa.
GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está
protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con
grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura
Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha
comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para
tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento:
o turismo e a xerintrificación.
Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas
problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea
onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación
escénica.
Web:
https://gohome.gal/Candidaturas
- Espectáculo : Go Home
- Actor Protagonista : David Amor
- Actor Protagonista : Josito Porto
- Vestiario : Patricia Ferreira
- Iluminación : Laura Iturralde
- Texto Orixinal : José Prieto
- Dirección : Tito Asorey
- Espazo sonoro : Xavier Bértolo
- Espazo escénico : José Faro "Coti"
Compañía
Etiqueta Negra Producciones
Data estrea:
21/03/2024