MISTOS
Volver

Non pasarán

Sinopse

Non Pasarán desenvólvese nun país/ lugar sacudido por unha vaga de incendios provocados por unha organización descoñecida. O lema da cidadanía é claro: “Non pasarán”, un chamado a non permitir a entrada de estraños nos fogares, que poderían poñer en perigo a súa integridade e á comunidade. Con todo, Cándido e a súa filla Ana acollen a unha misteriosa parella na súa casa, o que desencadea unha serie de sucesos que transforman a súa vida cotiá. Incapaces de defender os seus propios principios, os personaxes vense atrapados nunha espiral de renuncias e comportamentos que os levará á destrución, converténdose finalmente en cómplices incendiarios do seu propio fogar.

Web:

https://artikavigo.com/

Candidaturas

  • Espectáculo : Non pasarán
  • Actor Secundario : Martín Máez
  • Actriz Secundaria : Fernanda Barrio Barcala
  • Actor Protagonista : Marcos Alonso
  • Actriz Protagonista : Rocío Salgado
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Texto Orixinal : Vanesa Sotelo e Tito Asorey
  • Dirección : Tito Asorey
  • Espazo sonoro : Xavier Bértolo
  • Espazo escénico : Carlos Alonso

Compañía

Ártika Cía

Data estrea:

23-11-2024

Contacto

Descargar programa