RUMOROSAS Elas
Volver

Que din as Rumorosas

Sinopse

QUE DIN AS RUMOROSAS É unha comedia na que cinco actrices e unha bailarina sobreviven titanicamente ao día a día de ser muller... e artista. Contra vento e marea, as seis intérpretes navegan con outras seis artistas galegas nun cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, as alegrías e atrancos do crear para rir delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico. Neste cóctel de humor e amor, as seis intérpretes, súper polifacéticas todas, interpretarán, cantarán e bailarán para falar da ARTE COMO CAMIÑO INEVITABLE. Cantas de vós non escoitastes unha e mil veces: "A Arte non dá cartos", "Mellor prepara unha oposición", "Quen atenderá a casa se ti estás fóra todo o día...?" Cantos momentos de estrés, dúbidas, soidades, incomprensión e "terra, trágame...?" E cantas de vós, a pesares de todo isto, non puidestes deixar de seguir ese CAMIÑO? Nós, queridas, tampouco. Queremos navegar con todas e todos vós a través desas augas descoñecidas e apaixoantes. ACOMPAÑÁDESNOS NA TRAVESÍA? Así falou Penélope: Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMÉN NAVEGAR. (Versos do poema "Penélope", de Xohana Torres)

Web:

https://www.facebook.com/MaquinariasTeatro

Candidaturas

  • Espectáculo : Que din as Rumorosas
  • Actriz Protagonista : Marian Rei
  • Actriz Protagonista : Helga Méndez
  • Actriz Protagonista : Eugenia Sanmartín
  • Actriz Protagonista : Cristina Mariño
  • Actriz Protagonista : Caterina Barro
  • Actriz Protagonista : Carmen Cotelo
  • Iluminación : Diego Vilar (Grupo Creativo RTA)
  • Texto Orixinal : Marian Rei, Helga Méndez, Eugenia Sanmartín, Cristina Mariño, Caterina Barro, Carmen Cotelo
  • Dirección : Paula Carballeira
  • Espazo sonoro : Andrés Pazos
  • Espazo escénico : Maquinarias Teatro

Compañía

Maquinarias Teatro

Data estrea:

23/03/2023

Contacto

Descargar programa