MENU-DO DIA
Volver

Menu-do día

Sinopse

Menu-do Día serve un corpo queer en escena, sen máis artificio, xa que estar presentes é ser existentes. Un corpo que se converte nun crash-dummy, un boneco de proba-erro para medir a dureza das carrocerías dos coches, pero a través de experiencias vitais, da violencia que predomina na nosa sociedade e dos discursos de odio provocados polas políticas dictadas por partidos extremistas. En “Menu-do día”, o ColectivoCBV #ChamizoBelloVila tece unha historia que confronta odio e ledicia, escuridade e luz, tristeza e aceptación, para revelarse dende a resiliencia nunha festa pola diversidade. Neste espectáculo debut amosan, dende a disidencia e o activismo, novas realidades, capaces de romper a norma e crear unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva, máis real.

Web:

www.colectivocbv.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Menu-do día
  • Actriz Secundaria : Ana Esmith "Miss Beige"
  • Actor Protagonista : Alberte Bello
  • Maquillaxe : Alberte Bello
  • Vestiario : Alberte Bello, David Vila
  • Iluminación : Noa Iriarte, Alberte Bello
  • Dirección : Diego Chamizo, Alberte Bello
  • Dirección de movemento : Alberte Bello
  • Espazo sonoro : Colectivo CBV
  • Espazo escénico : Alberte Bello

Compañía

Colectivo CBV

Data estrea:

07/07/2023

Contacto