Backup
Volver

Backup, A Resurrección de Nuno

Sinopse

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo. Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar. A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade. ¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

Web:

https://destexeito.com/backup-a-resurreccion-de-nuno/

Candidaturas

  • Espectáculo : Backup, A Resurrección de Nuno
  • Actor Secundario : Sergio Macías
  • Actor Secundario : Xurxo Cortázar
  • Actor Secundario : Anxo Outumuro
  • Actriz Secundaria : Pepa Barreiro
  • Actriz Secundaria : Nadia Doménech
  • Actriz Secundaria : Stephy Llaryora
  • Maquillaxe : De Ste Xeito Producións
  • Vestiario : Diego Valeiras
  • Iluminación : José Faro "Coti" e Laura Iturralde
  • Adaptación/Tradución : Roi Vidal Ponte
  • Dirección : Cecilia Geijo
  • Dirección de movemento : Cecilia Geijo
  • Espazo sonoro : Xavier Bertolo
  • Espazo escénico : José Faro "Coti"

Compañía

De Ste Xeito Producións

Data estrea:

04/11/2022

Contacto

Descargar programa