Un hotel de primeira sobre o río_Imaxe1
Volver

Un hotel de primeira sobre o río

Sinopse

A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigo son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa. O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa, á súa historia e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación. Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.

Web:

https://centrodramatico.xunta.gal/cdg/centro/obra.php?id=cdg_obra9078&lg=gal

Candidaturas

  • Espectáculo : Un hotel de primeira sobre o río
  • Actor Secundario : Iván Davila
  • Actor Secundario : Nicolás Otero
  • Actor Secundario : Pablo Sánchez
  • Actriz Secundaria : Raquel Espada
  • Actriz Secundaria : Sofía Espiñeira
  • Actriz Secundaria : Lidia Veiga
  • Actriz Protagonista : Merche Pérez
  • Vestiario : Carolina Díguele
  • Iluminación : Nacho Martín
  • Adaptación/Tradución : Gonçalo Guerreiro e María Torres
  • Dirección : Gonçalo Guerreiro e María Torres
  • Dirección de movemento : Gonçalo Guerreiro e María Torres
  • Espazo sonoro : Manuel Fonte Loureiro
  • Espazo escénico : Gonçalo Guerreiro

Compañía

Centro Dramático Galego

Data estrea:

31/03/2023

Contacto

Descargar programa