Marcos Grandal, Marcos Fernández, Ana San Fernando, Andrea Blanco
Volver

Asfixia

Sinopse

Un esperpéntico pesadelo asalta a Ágata días antes do seu trinta e catro aniversario: un escuros seres de cabeza de porco e corpo humano axitan o seu soño e os cimentos da súa vida. Este pesadelo non é outra cousa que o resorte que desencadea unha crise existencial nesta mulle afeita a cumprir as expectativas alleas. Ansiosa por facer algún cambio na súa monótona realidade co seu monótono marido, e motivada polo noxo que as criaturas do seu soño lle inspiran, Ágata decide deixar de comer carne. Esta pequena decisión individual, que non tería por que ser posta en cuestión por ninguén, é ferozmente combatida polo seu entorno, concretamente pola súa sogra, Silvia, que personifica á loita da sociedade contra o individuo.Veremos como, nun contexto familiar tan ríxido como o de Ágata, esa pequena decisión individual, aparentemente tan minúscula e inofensiva, xerará un inexorable efecto dominó sobreo resto dos personaxes, asomando a cada un deles ao seu particular abismo. Esta é a trama principal de Asfixia, de José Luis Baños de Cos. Unha dramaturxia que se apoia sobre os seguintes eixos conceptuais, asentados en varias dualidades que entran en conflito: o individuo fronte a masa, o inconformismo contra o conformismo, o diferente contra a homoxeneidade e a permanencia fronte a ausencia. Catro personaxes, catro entes narradores, unha manda de porcos e catro intérpretes en escena.Tres eixos espazo-temporais e tres historias que se entrecruzan. Eses son os ingredientes principais de Asfixia. Abrámolo pano.

Web:

https://instagram.com/vorticeescenico

Candidaturas

  • Espectáculo : Asfixia
  • Actor Secundario : Marcos Fernández
  • Actriz Secundaria : Andrea Blanco
  • Actor Protagonista : Marcos Grandal
  • Actriz Protagonista : Ana San Fernando
  • Maquillaxe : Vórtice Escénico
  • Vestiario : As Dúas e Punto
  • Iluminación : As Dúas e Punto
  • Texto Orixinal : José Luis Baños de Cos
  • Dirección : Roberto Casal Mouriño
  • Dirección de movemento : Roberto Casal Mouriño
  • Espazo sonoro : Vórtice Escénico - Marcos Grandal
  • Espazo escénico : As Dúas e Punto

Compañía

Vórtice Escénico

Data estrea:

23/07/2023

Contacto

Descargar programa