O AUTO DO CASTROMIL 1
Volver

O Auto do Castromil

Sinopse

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo está co-producido polo Centro Dramático Galego e é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”

Web:

https://www.excentricas.net/

Candidaturas

  • Espectáculo : O Auto do Castromil
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Actor Protagonista : Marcos Orsi
  • Actriz Protagonista : Rocío González
  • Actriz Protagonista : Patricia Vázquez
  • Vestiario : Carlos Alonso Premiado/a
  • Iluminación : Octavio Mas
  • Dirección : Quico Cadaval Premiado/a
  • Espazo sonoro : Piti Sanz
  • Espazo escénico : Carlos Alonso

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas

Data estrea:

07/07/2023

Contacto

Descargar programa