David Perdomo e Xosé A. Touriñán en ‘Corentena’
Volver

Corentena

Sinopse

Durante os meses de confinamento en 2020, David Perdomo e Xosé A. Touriñán comezaron a conversar en directo a través de Instagram. Naquelas noites, improvisaban diferentes personaxes e interactuaban cos espectadores que se conectaban a estes vídeos en directo. Agora, e baixo o título de Corentena, dan o salto aos escenarios nun formato no que Touriñán e Perdomo pretenden pasalo tan ben ou mellor que o público trasladando aos teatros a frescura daquelas noites de comedia. En ‘Corentena’, os dous cómicos rescatan algúns dos personaxes recorrentes daqueles directos, recreando de xeito artesanal os efectos e filtros cos que se caracterizaban, e tamén nacen novas historias nun espectáculo no que a improvisación e a complicidade co público son as protagonistas

Web:

https://corentena.gal/

Candidaturas

  • Espectáculo : Corentena
  • Actor Protagonista : Xosé A. Touriñán
  • Actor Protagonista : David Perdomo
  • Texto Orixinal : David Perdomo e Xosé A. Touriñán
  • Espazo escénico : Tania Villaga

Compañía

Ainé

Data estrea:

23/03/2023

Contacto

Descargar programa