O vóo de Chichana
Volver

Bailar no ceo

Sinopse

Piñeiro esculcaba as burbullas da pitusa no 1910. Pola súa forma de crearse e o seu inevitábel ascenso, semellaba que carecían de peso, transmitíanlle a sensación de elevarse. A el si que lle gustaría ser unha burbulla da gasosa e non un vendedor de gasosas. Para tentalo só coñecía un camiño: aprender a voar. E ese foi o incidente desencadeante de Piñeiro, o primeiro aviador galego, para querer ser quen de sucar os ceos. El atopou o seu camiño, a forma de facer o seu suco; sexa con legón sexa cun avión, o tema é sementar ilusión coa túa vida. Iso é o que conseguiron Piñeiro e Chichana, o máis difícil aínda, e esa é a idea central da nosa proposta escénica, facer o que para os demais é impensábel.

Web:

http://xerpo.com/bailar-no-ceo.html

Candidaturas

  • Espectáculo : Bailar no ceo
  • Actor Protagonista : Álex Sobrino
  • Actriz Protagonista : Cora Velasco
  • Actriz Protagonista : Ana Abad de Larriva
  • Iluminación : Beatriz de Vega
  • Texto Orixinal : Ana Abad de Larriva
  • Dirección : Irene Moreira
  • Dirección de movemento : Irene Moreira
  • Espazo sonoro : Fran Leboso
  • Espazo escénico : Xerpo

Compañía

Xerpo

Data estrea:

23/09/2023

Contacto

Descargar programa