A PELEXA DA ROSQUILLA
Volver

A Nai

Sinopse

A Nai é unha viaxe no tempo que explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente, e material de construción para o futuro, tendemos vías entre a vida das irmás e as nosas, na procura dun paradigma de acción ética que nos permita edificar sociedade mellor a través da acción individual, da colaboración. Unha persoa non morre ata que o seu recordo esmorece no derradeiro corpo que a lembra. Hoxe espallamos o recordo de Lola, Julia e Amparo para transportar ao futuro a súa esperanza. Mantémolas vivas para que as nosas fillas poidan coñecelas. Mentres nazan nenas, haberá esperanza.

Web:

https://amorodioteatro.com/a-nai

Candidaturas

  • Espectáculo : A Nai
  • Actor Protagonista : Javier Castiñeira
  • Actriz Protagonista : Carmen Facorro
  • Maquillaxe : Amorodio Teatro
  • Vestiario : Raquel Crespo
  • Iluminación : Violeta Martínez
  • Texto Orixinal : Laura Porto
  • Dirección : Marián Bañobre
  • Espazo escénico : As Dúas e punto

Compañía

Amorodio Teatro

Data estrea:

21/01/2023

Contacto

Descargar programa