paxaros no cabo
Volver

Paxaros no cabo

Sinopse

Paxaros no cabo é unha proposta multidisciplinar, onde a danza vertical convive coa música en directo e o audiovisual, así como con outras técnicas circenses, para crear un traballo coral que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente. Nunca como ata o de agora tivemos tan presentes eses límites, que, fisicamente, se materializaron nas paredes das nosas propias casas e, emocionalmente, na separación e distancia doutras persoas. Pista Catro propón en “Paxaros no Cabo” unha reflexión sobre as fronteiras entre o “fóra” e o “dentro”, creando unha fermosa alegoría escénica entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas e onde os límites son establecidos única e exclusivamente por cada persoa. Un personaxe, Hermes, chega a un espazo común (que podería ser calquera dos barrios nos que vivimos) para traer unha mensaxe e, se fose oportuno, recoller os que lle entreguen os habitantes anónimos que atopa, revelando así o escaso tempo que tomamos en decidir o que queremos, o que realmente necesitamos.

Web:

http://www.pistacatro.com/gl/producion-propia/paxaros-no-cabo/

Candidaturas

  • Espectáculo : Paxaros no cabo
  • Actor Protagonista : Aitor Garuz
  • Actriz Protagonista : Paula Quintas
  • Actriz Protagonista : Raquel Oitavén
  • Actriz Protagonista : Mercé Solé
  • Vestiario : Belén Brandido & Co
  • Iluminación : Baltasar Patiño
  • Texto Orixinal : Clara Gayo
  • Dirección : Clara Gayo
  • Dirección de movimiento : Rut Balbís e Cia. Duelirium
  • Espacio sonoro : Nacho Muñoz + Jevi
  • Espacio escénico : Belém Brandido + Marta Valverde

Compañía

Pistacatro Produtora de Soños

Data estrea:

01/07/2022

Contacto