
Volver
A Barca Do Inferno
Sinopse
Partindo do clásico "Auto da Barca do Inferno" do portugués Gil Vicente, facemos unha inmersión ás profundidades para comprobar a situación actual do entorno mariño. Unha ollada crítica á gravidade dos nosos actos dende os ollos dos habitantes do ecosistema acuático.
Títeres, máscaras, música en directo, sátira e traxedia son os ingredientes que nos acompañan neste viaxe no que veremos como o exceso de vertidos residuais, a pesca masiva, en resumo a emerxencia climática, nos evocan a todos ao día da nosa extinción.
Espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Web:
https://gl.nautateatro.com/a-barcaCandidaturas
- Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : A Barca do Inferno
- Maquillaxe : Pilar Pingarrón
- Vestiario : Lidia Guez
- Iluminación : Carlos Gallardo
- Adaptación/Tradución : Nauta teatro
- Dirección : Rafael Rey Domech
- Dirección de movemento : Rafael Rey Domech
- Espazo sonoro : Tomé Mouriño
- Espazo escénico : Lydia Guez e Mathias Rodriguez
Compañía
Nauta
Data estrea:
20/7/2022