O PORCO DE PÉ 1 (C) Sabela Eiriz
Volver

O Porco de pé

Sinopse

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a sua superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.  Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses. Descobreu que estaban entre NÓS! A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete, ten hoxe mais vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán, como nunha linterna máxica, anarquistas, capitalistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vangardistas, caciquistas, cupletistas, mentalistas, futuristas, e budistas.  Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. Unha sucesión de grotescos personaxes, caricaturescos como marionetas, representan dende os principios da farsa popular, a aguda visión do míope Risco. Unha historia de corrupción política e de amor, pasada polos espellos deformantes do parque de atracción. O Caleidoscopio de Risco pasado polo Barracón de Excéntricas!

Web:

www.excentricas.net

Candidaturas

  • Espectáculo : O Porco de pé
  • Actor Secundario : Evaristo Calvo
  • Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
  • Actriz Protagonista : Patricia Vázquez
  • Vestiario : Carlos Alonso
  • Iluminación : Octavio Mas
  • Adaptación/Tradución : Quico Cadaval e Pepe Sendón
  • Dirección : Quico Cadaval
  • Espazo sonoro : Piti Sanz
  • Espazo escénico : Carlos Alonso

Compañía

Producións Teatrais Excéntricas SL

Data estrea:

31/03/2022

Contacto

Descargar programa