ARTE SEN GUIÓN EN COMPOSTELA
Volver

Arte sen guión

Sinopse

Existiu o teatro medieval en galego? Arte sen guión responde a pregunta desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época. Arte sen guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.

Web:

https://www.galeatro.es/espectaculos/artesenguion

Candidaturas

  • Espectáculo : Arte sen guión
  • Actor Protagonista : Miguel Canalejo
  • Actor Protagonista : Tone Martínez
  • Actriz Protagonista : Alba Bermúdez
  • Actriz Protagonista : Cris Iglesias
  • Maquillaxe : Alba Bermúdez
  • Vestiario : Anahí Taraburelli
  • Iluminación : Gonzalo Porteiro
  • Texto Orixinal : Miguel Canalejo
  • Dirección : Miguel Canalejo
  • Espazo sonoro : Nacho Martín
  • Espazo escénico : Alba Bermúdez

Compañía

GALEATRO

Data estrea:

19/03/2022

Contacto