As Mapoulas. O refuxio.
Volver

As Mapoulas

Sinopse

As Mapoulas. Mulleres libres de Monte Alto / As Atochas. Casas refuxio. Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe dende a ficción dun caso particular, baseada nun feito histórico, ao universal. A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dorado, panadeira anarquista de 25 anos, e na súa casa refuxio sita na rúa do Carme nº6, na cidade da Coruña. En primeira persoa, fálanos do amor, da vida das casas refuxio, da militancia, do compromiso, das relacións coas outras compañeiras, do barrio e da liberdade nun contexto de gran represión que remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial. “Que non aparecen na historia universal, senón nas páxinas de sucesos da prensa local. Os ninguén, que custan menos que a bala que os mata”. E. Galeano.

Web:

https://laboratorioescenicocoop.com/project/as-mapoulas/

Candidaturas

  • Espectáculo : As Mapoulas
  • Actriz Protagonista : Alba Fernández
  • Actriz Protagonista : Carmen Cotelo
  • Iluminación : Raquel Castro
  • Texto Orixinal : Carmen Cotelo, Helga Méndez, Xaquín Silva
  • Dirección : Carmen Cotelo
  • Dirección de movemento : Alba Fernández
  • Espazo sonoro : Iván Doval, Miguel González
  • Espazo escénico : Manchea

Compañía

Laboratorio Escénico

Data estrea:

17/04/2022

Contacto

Descargar programa