O martes 10 de xaneiro, ás 20h, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, levaremos a escena en formato lectura o texto de Ana Abad de Larriva
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Lectura Dramatizada "Relato para un incendio"
O martes 19 ás 20h. no Salón Teatro de Santiago de Compostela
O XXIII Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas estrea ‘Estrelecer’, de Carlos Labraña o 14 de novembro
As nosas asociadas María Barcala, Mónica García, Arantza Villar, Iria Sobrado, Paula Sanmartín, Sonsoles Cordón e Dunia Díaz conforman o elenco. A Lectura Dramatizada, que conta un ano máis coa colaboración da AAAG, terá lugar o xoves 14 de novembro ás 21.00 h na Sede da Fundación SGAE en Santiago. Entrada de balde.
O Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas ofrecerá en novembro obras de Julio Fernández, Jose Prieto e Esther F. Carrodeguas
As sesións, de acceso gratuíto, celebraranse na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE o martes 6 de novembro (Os bólidos do esquecemento, de Julio Fernández); o xoves 8 de novembro (Malcriada. Unha historia de amor, de Esther F. Carrodeguas) e o 14 de novembro (Culpable, de Jose Prieto), ás 21h
Quico Cadaval dirixe a segunda das Lectura Dramatizadas organizada pola SGAE e a AAAG
Mañá martes 14 de novembro ás 21.00 horas no edificio da Fundación SGAE, Quico Cadaval dirixirá 'A Arañaeira', texto de Raúl Dans
Cristina Domínguez dirixe a primeira das Lectura Dramatizadas organizada pola SGAE e a AAAG
Mañá mércores 8 de novembro ás 21.00 horas no edificio da Fundación SGAE, Cristina Domínguez dirixirá 'Atrevereime', texto de Teresa González Costa. Estará interpretada por Mariámn Bañobre, Victoria Pérez, Davide González, Xosé Manuel Esperante e Roberto Leal.
Dúas lecturas dramatizadas dirixidas por Cristina Domínguez e Quico Cadaval
O mércores 8 de novembro ás 21.00 horas no edificio da Fundación SGAE, Cristina Domínguez dirixirá 'Atrevereime', texto de Teresa González Costa. O martes 14 de novembro, tamén no edificio da Fundación SGAE, Quico Cadaval dirixirá 'A Arañeira', texto de Raúl Dans.
Lectura dramatizada de 'Chuvia', de Julio Fernández
O ciclo de Lecturas Dramatizadas despídese deste 2016 mañá martes ás 21.00 horas na Sala Fundación SGAE de Santiago cunha sesión na queparticiparán os intérpretes Josito Porto, Roberto Leal e AntónCoucheiro
Lecturas Dramatizadas de Casa O'Rei, de Santiago Cortegoso, e Chuvia, de Julio Fernández
A primeira das lecturas, dirixida por Cortegoso, celebrarase o martes 13 de decembro ás 21.00 horas na Sala Fundación SGAE de Santiago. Unha semana despois, o martes 20, terá lugar a lectura de Julio Fernández no mesmo local