O pasado 13 de marzo publicouse no DOG a actualización das tarifas de intérpretes de Teatro de Galicia para este ano
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
O pasado 13 de marzo publicouse no DOG a actualización das tarifas de intérpretes de Teatro de Galicia para este ano
A sede da SGAE en Santiago acollerá o vindeiro martes 8 de xullo ás 19.00 h este acto que estará moderado pola actriz Anabell Gago e que será de acceso libre tanto para os membros da profesión teatral e audiovisual como para o público xeral
A AAAG constituíuse en maio de 1985 e actualmente é unha asociación de carácter sindical conformada por máis de 320 profesionais da interpretación e da dirección de escena
O pasado día 13 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 20 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2025 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
O pasado día 15 de marzo publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 1 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2024 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
O pasado día 27 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2022 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
O acordo resultou nun incremento do 7% das tarifas actualmente vixentes aplicable o 1 de xaneiro de 2021, e outro incremento do 3% aplicable o 1 de xullo de 2021.
O Comité de Saúde Laboral do Convenio de Actores e Actrices de Galicia , conformado polos sindicatos CCOO, CIG e UGT co asesoramento da Asociación de Actores e Actrices de Galicia por parte dos traballadores e Escena Galega e Axencia Galega das Industrias Culturais, acada un documento de consenso froito da colaboración colectiva
A sinatura do Convenio Colectivo de Teatro, que foi publicado polo DOG en abril de 2009, culminaba un longo proceso de máis dunha década e daba resposta ás reivindicacións primixenias da AAAG: creábase ao fin un marco laboral para toda unha profesión.