>> Os espectáculos ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego (CDG), e ‘As que limpan’, de A Panadaría, acaparan nove finalistas cada un. Pola súa banda ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘O Porco de pé’, de Producións Teatráis Excéntricas, contan con seis finalistas
>> ‘Continente María’, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, é finalistas en cinco categorías e ‘O Deus do pop’, de Diego Anido, en catro, igual que ‘A peste’, do CDG
>> ‘As que limpan’, ‘O Deus do pop’ e ‘O porco de pé’ compiten como finalistas no apartado de mellor espectáculo. Na categoría de espectáculo infantil, as finalistas son ‘Wombo combo’, de Galeatro; ‘Ninja’, de Teatro Ghazafelhos e ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro