Volver

Un total de 17 espectáculos competirán como finalistas na 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares

Un total de 17 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos 16 galardóns que se entregarán durante a gala da 30ª edición dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o mércores 8 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Así se deu a coñecer esta tarde en Santiago durante a tradicional Festa de Finalistas que tivo lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. O acto, que foi conducido pola actriz Chus Álvarez, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia, e Belén Yáñez, representante da SGAE, que participaron no evento en calidade de representantes das institucións que patrocinan os galardóns do noso teatro, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

O espectáculo Reconversión, de Ibuprofeno Teatro acada once finalistas (espectáculo, dirección, dirección de movemento, actor protagonista, actor secundario por partida dupla, actriz secundaria, texto orixinal, espazo sonoro, iluminación e espazo escénico). Pola súa banda, A serie clopen, do Centro Dramático Galego, aspira a levar o premio en dez categorías (espectáculo, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, texto orixinal, espazo sonoro, iluminación, espazo escénico, vestiario e maquillaxe. O terceiro espectáculo que acapara maior número de finalistas é TROMSØ, de Morraoconto, que opta o galardón en sete categorías (espectáculo, dirección, dirección de movemento, espazo sonoro, iluminación, espazo escénico e vestiario). Estes tres espectáculos serán os que compitan polos premios ao mellor espectáculo, á mellor dirección e á mellor dirección de movemento nesta trixésima edición.

Un deus salvaxe, espectáculo de Talía Teatro, opta a catro galardóns (actriz protagonista, adaptación-tradución, espazo escénico e maquillaxe) mentres que Vitória, retrato dunha denuncia, de Iria Pinheiro, pelexará por tres premios (actriz protagonista, actriz secundaria e texto orixinal).

Alta costura, de Elefante Elegante, compite como finalistas en dúas categorías (actriz secundaria e vestiario), como tamén o fai Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú (adaptación-tradución e espectáculo infantil), e O libro da selva, o musical, de Ártika Cía (maquillaxe e espectáculo infantil).

Outras nove obras competirán como finalistas nalgunha categoría: Bibopalula.O espectáculo, de Ainé (mellor espectáculo infantil); Un tal Romeo, de aRamboia (actor protagonista); Mofa&Befa: Os dous de sempre, de Producións Teatráis Excéntricas (actor secundario), Mala vida e pior morte de Ricardo III, tamén de Excéntricas (actor protagonista), Coa cabeza nas nubes, de SÖA (espectáculo infantil); A metamorfose, de Sarabela Teatro (adaptación-tradución); A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica, de Tanxarina (espectáculo de monicreques); Castelao, un corazón á intemperie, de Fantoches Baj (espectáculo de monicreques), e Gabinete Mirabilia, de Pablísimo (espectáculo de monicreques).

Estes 17 espectáculos competirán así na gala dos Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o mércores 8 de abril. Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan habitualmente co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE ou Gadis.

Relación de finalistas por montaxes

1. Reconversión, de Ibuprofeno Teatro (11 finalistas): espectáculo, dirección (Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio e Natalia Feijoo), dirección de movemento (Armando Martén), actor protagonista (Santiago Cortegoso), actor secundario por partida dupla (César Goldi e Fran Lareu), actriz secundaria (Cristina Collazo), texto orixinal (Santiago Cortegoso), espazo sonoro (Alonso Caxade), iluminación (Carlos Álvarez-Ossorio) e espazo escénico (Pablo Giráldez O Pastor)

2. A serie clopen, do Centro Dramático Galego (10 finalistas): espectáculo, dirección (Pablo Reboleiro), dirección de movemento (Marta Alonso Tejada), actriz protagonista (Natalia Pajarito), texto orixinal (Clara Gayo e Pablo Reboleiro), espazo sonoro (Marcos PTT e Xosé Lois Romero), iluminación (Laura Iturralde), espazo escénico (Laura Iturralde e José Faro), vestiario (Carlos Alonso) e maquillaxe (Erea Pérez).

3. TROMSØ, de Morraoconto, (7 finalistas): espectáculo, dirección (Rafa R. Martínez), dirección de movemento (Esther Latorre), espazo sonoro (Julia Ammerman e Lucía Iglesias), iluminación (José Faro Coti) espazo escénico (Rafa R. Martínez, Miguel Gendre, Lara Pouso e José Faro Coti) e vestiario (Rafa R. Martínez e Ana Gesto).

4. Un deus salvaxe, de Talía Teatro (4 finalistas): actriz protagonista (Marta Lado), adaptación-tradución (Artur Trillo), espazo escénico (Dani Trillo) e maquillaxe (Martina Cambeiro).

5. Vitória, retrato dunha denuncia, de Iria Pinheiro (3 finalistas): actriz protagonista (Iria Pinheiro), actriz secundaria (Victoria Pérez) e texto orixinal (Iria Pinheiro).

6. Alta costura, de Elefante Elegante, (2 finalistas): vestiario (Carolina Díguele) e actriz secundaria (Raquel Crespo).

7. Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú (2 finalistas): adaptación-tradución (Paula Carballeira) e espectáculo infantil.

8. O libro da selva, o musical, de Ártika Cía (2 finalistas): maquillaxe (Árika Cía) e espectáculo infantil.

9. Bibopalula. O espectáculo, de Ainé (1 finalista): espectáculo infantil.

10. Un tal Romeo, de aRamboia (1 finalista): actor protagonista (Fran Lareu).

11. Mofa&Befa: Os dous de sempre, de Producións Teatráis Excéntricas (1 finalista): actor secundario (Josito Porto).

12. Mala vida e pior morte de Ricardo III, de Producións Teatráis Excéntricas (1 finalista): actor protagonista (Evaristo Calvo).

13. A metamorfose, de Sarabela Teatro (1 finalista): adaptación-tradución (Carlos Álvarez-Ossorio).

14. Coa cabeza nas nubes, de SÖA (1 finalista): espectáculo infantil.

15. A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica, de Tanxarina (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

16. Castelao, un corazón á intemperie, de Fantoches Baj (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

17. Gabinete Mirabilia, de Pablísimo (1 finalista): espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

FINALISTAS POR CATEGORÍAS

Mellor maquillaxe

candidatura finalista

Espectáculo

compañía

Ártika Cía

O libro da selva, o musical

Ártika Cía

Erea Pérez

A serie clopen

Centro Dramático Galego

Martina Cambeiro

Un deus Salvaxe

Talía Teatro

___________

Mellor vestiario

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Carlos Alonso

A serie clopen

Centro Dramático Galego

Carolina Díguele

Alta costura

Elefante Elegante

Rafa R. Martínez e Ana Gesto

TROMSØ

Morraoconto

___________

Mellor espazo escénico

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Dani Trillo

Un deus Salvaxe

Talía Teatro

Laura Iturralde e José Faro

A serie clopen

Centro Dramático Galego

Pablo Giráldez, O Pastor

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Rafa R. Martínez, Miguel Gendre, Lara Pouso e José Faro ‘Coti’

TROMSØ

Morraoconto

___________

Mellor iluminación

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Carlos Álvarez-Ossorio

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

José Faro ‘Coti’

TROMSØ

Morraoconto

Laura Iturralde

A serie clopen

Centro Dramático Galego

___________

Mellor espazo sonoro

candidatura finalista

espectáculo

Compañía

Alonso Caxade

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Julia Ammerman e Lucía Iglesias

TROMSØ

Morraoconto

Marcos PTT e Xose Lois Romero

A serie clopen

Centro Dramático Galego

___________

Mellor adaptación/tradución

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Artur Trillo

Un deus salvaxe

Talía Teatro

Carlos Álvarezo-Ossorio

A metamorfose

Sarabela Teatro

Paula Carballeira

Berenguela na gaiola

Galeatro e Xarope Tulú

___________

Mellor texto orixinal

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Clara Gayo e Pablo Reboleiro

A serie clopen

Centro Dramático Galego

Iria Pinheiro

Vitória, retrato dunha denuncia

Iria Pinheiro

Santiago Cortegoso

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

___________

Mellor actriz secundaria

candidatura finalista

espectáculo

compañía

Cristina Collazo

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Raquel Crespo

Alta costura

Elefante Elegante

Victoria Pérez

Vitória, retrato dunha denuncia

Iria Pinheiro

___________

Mellor actor secundario

candidatura finalista

espectáculo

Compañía

César Goldi

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Fran Lareu

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Josito Porto

Mofa & Befa: Os dous de sempre

Producións Teatrais Excéntricas

___________

Mellor actriz protagonista

candidatura finalista

espectáculo

Compañía

Iria Pinheiro

Vitória, retrato dunha denuncia

Iria Pinheiro

Marta Lado

Un deus salvaxe

Talía Teatro

Natalia Pajarito

A serie clopen

Centro Dramático Galego

___________

Mellor Actor Protagonista

candidatura finalista

espectáculo

Compañía

Evaristo Calvo

Mala vida e pior morte de Ricardo III

Producións Teatráis Excéntricas

Fran Lareu

Un tal Romeo

aRamboia

Santiago Cortegoso

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

___________

Mellor dirección de movemento

candidatura finalista

espectáculo

Compañía

Armando Martén

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

Esther Latorre

TROMSØ

Morraoconto

Marta Alonso Tejada

A serie clopen

Centro Dramático Galego

___________

Mellor dirección

candidatura finalista

espectáculo

Compañía

Pablo Reboleiro

A serie clopen

Centro Dramático Galego

Rafa R. Martínez

TROMSØ

Morraoconto

Santiago Cortegoso, Carlos Álvarez-Ossorio, Natalia Feijoo

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

___________

Mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas

A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica

Tanxarina

Castelao, un corazón á intemperie

Fantoches Baj

Gabinete Mirabilia

Pablísimo

Mellor espectáculo infantil

Berenguela na gaiola

Galeatro e Xarope Tulú

Bibopalula. O espectáculo

Ainé

Coa cabeza nas nubes

SÖA

O libro da selva, o musical

Ártika Cía

Mellor espectáculo

A serie clopen

Centro Dramático Galeog

Reconversión

Ibuprofeno Teatro

TROMSØ

Morraoconto