Volver

Presentación e aplicación do Manual de Boas Prácticas para o instrumento da interpretación: voz e saúde psico-emocional

Etiquetas:

Como parte do proxecto de ConArte do 2025, desenvolvemos xunto a AMPAE (Asociación multidisciplinar para las artes escénicas) un Manual de Boas Prácticas para o instrumento actoral: voz e saúde psico-emocional, pensado para ser unha ferramenta práctica para os actores e as actrices.

Desde ConArte (Confederación de Artistas-Traballadores do Espectáculo) continuamos a nosa estratexia en avanzar nos dereitos dos e as traballadoras do espectáculo en materia sanitaria, coa meta do recoñecemento das enfermidades profesionais como un da obxectivos clave aínda pendentes do Estatuto do Artista.

Nesta xornada, organizada por ConArte e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, coa inestimable colaboración da Fundación SGAE, presentarase o Manual por dous dos especialistas que participaron nos seus contidos, e poñeranse en práctica técnicas do mesmo en dous obradoiros.

A sesión práctica terá lugar o venres 5 de decembro de 10:00h a 14:00h na sede de SGAE (Rúa das Salvadas, 2A, 15705 Santiago de Compostela). A xornada comezará cunha presentación do Manual a cargo de dous dos especialistas encargados das materias abordadas. Tras isto, a asistencia repartirase en dous grupos que alternarán nos dous obradoiros.

A asistencia é gratuíta máis é necesaria a inscrición no seguinte formulario ata do luns 1 de decembro ás 23:59h: https://forms.gle/imjPu2a2hGPzZvrPA A capacidade é de 30 prazas. De haber máis solicitudes que prazas procederase a un sorteo no que terán preferencia os membros da AAAG e dos sindicatos integrados en Conarte. Comunicarase a dispoñibilidade de prazas o martes 2 de decembro.

Sesións prácticas en torno ao manual

Taller de psicoloxía

Impartido por Guillermo Dalia: doutor en psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica, experto en artes escénicas.

Sesión práctica de xestión emocional e autoverbalizacións realistas e prácticas: Introdución á Terapia Racional Emotiva de Albert Ellis.

Taller de fisioterapia para a voz artística

Impartido por Carles Expósito Rovira: fisioterapeuta en artes escénicas, #máster en estudos avanzados de teatro e experto en voz artística.

Sesión práctica de cadeas musculares. Describiranse as distintas cadeas musculares e observarase, tamén, como poden afectar á voz: cadeas cruzadas de peche, cadeas cruzadas de apertura, cadeas de flexión e cadeas de extensión. Estiraranse e reforzarán as distintas cadeas musculares que estruturan o corpo e que axudarán ao actor para saír dun personaxe e facilitar a entrada na fisicidad doutro ou en recuperar a propia.