Volver
Relato para un incendio
Sinopse
“ Que leva a un danés a preservar a identidade de Galicia? Que fai que unha galega queira
reducila a cinsas? “
RELATO PARA UN INCENDIO de Ernesto Is parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes:
Os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016 , todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, agromando unha conexión temática coa nosa identidade como país .
A proposta escénica de aAntena, cunha decidida aposta polo teatro documento, expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva. Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes : Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez , baixo a dirección de Xosé Leis, compoñen á vista da audiencia unha viaxe por eses tres eixos dos dous intelectuais daneses e a chamada “Pirómana de Cerceda”.
Unha deriva onde acompañan os nosos ollos a un pasado recente dando vida ás veciñas e veciños
da comarca de Ordes aos que entrevistou o antropólogo, recuperando e homenaxeando a esas
persoas que conteñen a nosa memoria de tradición, mitos e rituais. Compoñendo as personaxes
a partires das gravacións reais arquivadas no Museo do Pobo Galego.
Un cuestionamento dos métodos creativos doutro danés creador que usou a figura da muller nos
seus filmes como imaxe central e que plantexaba unha procura dos obxectivos do plano por riba
da saúde e integridade das súas interpretes, sendo levadas a situacións límite na busca dunha
verdade que quizais non xustificaba eses medios.
Unha reflexión sobre que foi o que levou a unha veciña a ser a única condenada polos catastróficos incendios do verán de 2016, sendo a única persoa con sentenza firme culpable polos feitos , aínda non chegando o seu mal facer ao 5% dos terreos queimados nese verán.
As bruxas, o lume, o castigo feminino como puntos fortes nos que apoiar unha posta en escena chea de audiovisual, recreación histórica, reflexión e humor.
Candidaturas
- Espectáculo : Relato para un incendio
- Actriz Secundaria : Victoria Pérez
- Actor Protagonista : Manu Fernández
- Actriz Protagonista : Isabel Risco
- Maquillaxe : Maribel Valdivieso
- Vestiario : Mar Fraga
- Iluminación : Montse Pinheiro
- Texto Orixinal : Ernesto Is
- Dirección : Xosé Leis
- Dirección de movemento : Noa Seixo
- Espazo sonoro : Xabier Romero
- Espazo escénico : José Faro "Coti"