Sen título (crédito fotográfico Carlota Mosquera)
Volver

Ragazzo

Sinopse

Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, rexistros, detencións... 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza. Ragazzo pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, escribir, e incluso de namorarse... e por suposto, de participar no Fórum Social, soñando e provocando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida: unha reivindicación da memoria colectiva que os donos do mundo nunca escribirán para nós.

Candidaturas

  • Espectáculo : Ragazzo
  • Actor Protagonista : Anxo Outumuro
  • Iluminación : Violeta Martínez Rivera
  • Adaptación/Tradución : Lali Álvarez, Xavier Castiñeira e Anxo Outumuro
  • Dirección : Xavier Castiñeira

Compañía

Barrosanta

Data estrea:

11/02/2022

Contacto