Melania Cruz
Volver

Continente María

Sinopse

Continente María é un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares. Mediante as múltiples posibilidades que nos ofrece o teatro, evocamos a María non só como a inesquecible actriz que foi, senón tamén como o ser humano que se entregou con absoluta intensidade á vida e á escena para vencer o medo e sobrepoñerse ao exilio, descubrindo nas táboas a súa verdadeira patria. A Casares preséntasenos como un mapa a percorrer, mais non como turistas, senón como viaxeiras curiosas, gozando dos detalles que nos proporciona a súa paisaxe, chea de vitalidade e ganas de vivir en presente absoluto todo o que a realidade e a poesía nos pode ofrecer. Un mapa dun Continente inabarcable no que queremos permanecer porque estamos seguras de que vivir nel nos fará mellores, como individuos e como sociedade. Conversamos co legado de María tratando de recoller a retranca, o humor e a musicalidade que se desprende das súas entrevistas e escritos, que se descobren ante nós como un faro que dá luz e claridade a un presente que precisa referentes de liberdade e compromiso. Espectáculo co-producido xunto ao Concello da Coruña e o Centro Dramático Galego

Web:

https://continentemaria.gal/

Candidaturas

  • Espectáculo : Continente María
  • Actor Secundario : Vadim Yukhnevich
  • Actriz Protagonista : Melania Cruz
  • Vestiario : Laura Baena
  • Iluminación : Laura Iturralde
  • Texto Orixinal : Marianella Morena e Tito Asorey
  • Dirección : Tito Asorey
  • Espazo sonoro : Vadim Yukhnevich
  • Espazo escénico : José Faro "Coti"

Compañía

Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante

Data estrea:

16/05/2022

Contacto

Descargar programa