Volver
Recortes, caneos e outras formas de driblar
Sinopse
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Baseado nunha investigación xornalística de Nacho Carretero, Recortes é unha mirada desde o teatro ao mundo do fútbol e todo o que o rodea. Un paseo lúdico, crítico e musical sobre o espectáculo futbolístico que percorre a súa cara máis radiante sen esquecer a máis sombría.
Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.
Web:
https://recortes.gal/Candidaturas
- Espectáculo : Recortes, caneos e outras formas de driblar
- Actor Secundario : Manuel Cortés
- Actor Secundario : Christian Escuredo
- Actor Secundario : Xoán Fórneas
- Actor Secundario : Sergio Zearreta
- Actriz Secundaria : Isabel Garrido
- Actor Protagonista : Xosé A. Touriñán
- Vestiario : Laura Baena
- Iluminación : Laura Iturralde
- Adaptación/Tradución : José L. Prieto
- Dirección : Tito Asorey
- Dirección de movemento : Mónica García
- Espazo sonoro : Vadim Yukhnevich
- Espazo escénico : José Faro "Coti"
Compañía
Ainé Producións e Centro Dramático Galego
Data estrea:
29/09/2022
Contacto
- carlos@aine.gal
- 881946972
- https://aine.gal/