Volver
Comando Comadres
Sinopse
A través do humor un grupo de activistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista, e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Mulleres preparadas para as encomendas máis perigosas levan a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión:
crear unha rede de Comandos a nivel mundial para despertar as conciencias sobre a importancia da igualdade dos dereitos e deberes sociais entre ambos xéneros tanto no ámbito público coma no privado. Comando Comadres rende homenaxe a tódalas heroínas de a diario, ás mulleres invisibilizadas, á historia oculta do noso pasado.
Web:
https://matrioshkateatro.com/comando-comadres/Candidaturas
- Espectáculo : Comando Comadres
- Actriz Secundaria : Chelo do Rejo
- Actriz Secundaria : María Ángeles Iglesias
- Actriz Secundaria : Anabell Gago Premiado/a
- Maquillaxe : Trini F. Silva Premiado/a
- Vestiario : Gena Baamonde
- Iluminación : Octavio Mas
- Escenografía : Gena Baamonde
- Música Orixinal : Mónica de Nut
- Texto Orixinal : Gena Baamonde, María Ángeles Iglesias, Chelo do Rejo, Lorena Conde e Anabell Gago
- Dirección : Gena Baamonde
Compañía
Matrioshka Teatro
Data estrea:
30/10/2021