
Volver
Casa O'Rei
Sinopse
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
Web:
http://www.ibuprofenoteatro.com/index.php/gl/producions/producions-en-cartel/item/casa-o-reiCandidaturas
- Espectáculo : Casa O'Rei
- Actor Secundario : Víctor Mosqueira
- Actor Secundario : Xosé M. Esperante
- Actriz Secundaria : Victoria Teijeiro
- Actriz Secundaria : Marián Bañobre
- Actriz Secundaria : Teté García
- Actor Protagonista : Miguel Borines Premiado/a
- Maquillaxe : Baia Fernández
- Vestiario : Marián Bañobre
- Iluminación : Salvador del Río
- Escenografía : Pablo Giráldez 'Pastor'
- Música Orixinal : Alonso Caxade Premiado/a
- Texto Orixinal : Santiago Cortegoso
- Dirección : Santiago Cortegoso
Compañía
Ibuprofeno Teatro
Data estrea:
02/03/2018