OUTONO
Volver

Outono

Sinopse

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego da o seu mortal máis arriscado: OUTONO, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior. OUTONO é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. OUTONO é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Web:

www.pistacatro.com

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Outono
  • Actor Protagonista : Aitor Garuz Milla
  • Actor Protagonista : Pablo Reboleiro
  • Maquillaxe : Trini F. Silva Premiado/a
  • Vestiario : Uxia Vaello
  • Iluminación : Javier Quintana
  • Escenografía : Uxia Vaello
  • Música Orixinal : Xabier Mera
  • Texto Orixinal : Anton Coucheiro, Marcos Carballido, Pistacatro
  • Dirección : Anton Coucheiro
  • Actriz Protagonista : Natalia Outeiro " Pajarito"
  • Actor Protagonista : Manuel Lago

Compañía

Pistacatro

Data estrea:

19/02/2017

Contacto

Descargar programa