
Volver
O tolleito de Inishmaan
Sinopse
Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.
Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.
Web:
http://www.contraproducions.com/espectaculo/o-tolleito-de-inishmaan/Candidaturas
- Espectáculo : O tolleito de Inishmaan
- Actor Secundario : Ricardo de Barreiro
- Actor Secundario : Marcos Pereiro
- Actor Secundario : Luis Iglesia
- Actor Secundario : Evaristo Calvo Premiado/a
- Actriz Secundaria : Susana Dans
- Actriz Secundaria : Ana Santos
- Actriz Secundaria : María Roja Premiado/a
- Actor Protagonista : Santi Romay Premiado/a
- Maquillaxe : Martina Cambeiro
- Vestiario : Carlos Alonso / Belén Pichel
- Iluminación : Afonso Castro Premiado/a
- Escenografía : Carlos Alonso
- Música Orixinal : Guillerme Fernández
- Adaptación/Tradución : Cándido Pazó / Santi Romay / Alberto Rodríguez Premiado/a
- Dirección : Cándido Pazó
Compañía
Contraproducións SL / FIOT Carballo
Data estrea:
15/10/2016