
Volver
Raclette
Sinopse
A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela -a medida que comían- queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, cinco personaxes que conforman un complexo mosaico humano. Provoca un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.
Web:
www.ibuprofenoteatro.comCandidaturas
- Espectáculo : Raclette
- Actor Secundario : Salvador del Rio
- Actor Secundario : Toni Salgado
- Actriz Secundaria : Iria Sobrado
- Actriz Secundaria : Déborah Vukušić
- Actriz Secundaria : Marián Bañobre
- Maquillaxe : Trini F. Silva
- Vestiario : Marián Bañobre
- Iluminación : Salvador del Río
- Escenografía : Diego Seixo
- Texto Orixinal : Santiago Cortegoso Premiado/a
- Dirección : Santiago Cortegoso
Compañía
Ibuprofeno Teatro
Data estrea:
22 de Xaneiro de 2016